Saturday 20 de April de 2024

Alternativa de Cambre pregunta polo local municipal do centro de saúde


Alternativa de Cambre dos Veciños de Cambre preguntará que uso ten actualmente o local municipal existente no centro de saúde de Cambre , o orzamento para o seu mantemento anual e se existe algunha previsión de uso.

Raúl Varela portavoz e candidato á alcaldía de Cambre preguntará en comisións informativas que uso están a dar ao local municipal existente na primeira planta do Centro de Saúde de Cambre . O gasto que supón e que esta orzado para o seu mantemento anual e se existe algún proxecto para este espazo tan necesario para os veciños e veciñas de Cambre e que como se viu non foi cuberto pola nova casa da cultura e así evitar seguir celebrando diferentes eventos fose do concello de Cambre